Foron tres días de camiño, en coche os dous primeiros e a pé o último, desde o Monto do Gozo até a sede administrativa da Xunta da Galiza en San Caetano, onde persoas traballadoras e delegadas sindicais leron esta cuarta feira cadanseu manifesto para lembrarlle á Administración galega as demandas que os tres sectores manteñen desde hai anos ante a falta de resposta da Consellaría de Política Social, á que acusan de bloquear a apertura de procesos reais de negociación.