A Cuarta Parede
Magazine
Founded in 2011, A Cuarta Parede was born to fill a gap in the panorama of online film criticism, where there was no headline in the Galician language. Eloy Domínguez Serén and Víctor Paz Morandeira officially presented the project on February 4, 2011.
Born alongside the Novo Cinema Galego, the magazine quickly became one of the main spaces for the dissemination and reflection of this cinematic current, as well as a place to talk about independent and auteur world cinema. Among the magazine's publications, which range from reviews to festival coverage, to analysis texts, the so-called #Processes stand out. Halfway between video creation and the conventional interview, these video-texts portray the creative processes of many of the great filmmakers of Galician cinema of the last ten years.
Today, the magazine has a team of more than 150 contributors and more than 1000 published texts. Source
Actions
Media Outlet details
| Scope | National |
|---|---|
| Language | Galician |
| Country | Spain |
|
Similarweb UVM |
Request pricing |
|
Comscore UVM |
Request pricing |
Recent Articles
Search ArticlesNovos Cinemas 2024: As horas ficticias
Ao fío da madrugada aparece entre as nubes unha lúa grande e redonda, e os obxectos do meu cuarto van emerxendo da penumbra na que adormentaban. Parece xusto que o festival acabe así: cun baile de sombras e luces sobre paredes brancas, e o insomnio polo medio. Non quero ler nin ver wésterns dobrados na tele, así que poño o abrigo, as luvas, a bufanda; agarro un cartón de Deleite A2A2 do minibar, e saio outra vez á noite pontevedresa.
Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (II)
A pluralidade das sesións de Cosmos no festival Curtocircuíto favorece as múltiples miradas e perspectivas, unha visión do cinema que facilita atopar conexións entre ideas que nun principio non parecen estar relacionadas. Dende o Xurado Novo premiouse á directora murciana Gala Hernández e a súa curtametraxe For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World (2024), cun estilo distintivo que nos recorda ao seu anterior traballo, La Mécanique des fluides (2022).
Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (I)
Como cada outubro, Santiago de Compostela acolleu un ano máis o Festival Internacional Curtocircuíto, ao que puidemos achegarnos na súa vixésimo primeira edición.
Festival de Cinema de Sitges 2024
Como todos os anos, o pasado mes de outubro celebrouse o encontro anual máis importante para os fans do cinema fantástico e de terror. Estamos a falar do Festival de Cine Fantástico de Sitges, un encontro ao que unha servidora leva asistindo durante varios anos seguidos con sumo rigor, coma se se tratase dun acto relixioso.
Galicia, paisaxe de sangue
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego: Galicia, paisaxe de sangue, de Juan Ares. Segundo o xurado, “unha obra de valor pola análise que presenta da paisaxe galega como espazo de desenvolvemento de historias no cinema de terror”. Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX.
Cinema con batuta. Aproximación á práctica da dirección orquestral a partir do seu tratamento no cinema de ficción
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Accésit ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Cinema con batuta. Aproximación á práctica da dirección orquestral a partir do seu tratamento no cinema de ficción, de Severiano Casalderrey.
Cold War: Unha historia de amor sintetizada
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Accésit ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: Cold War: Unha historia de amor sintetizada, de Rebeca Novo. “Ademais da robustez teórica da proposta, é un traballo de enorme calidade estética sobre o filme de Pawel Pawlikwski, que resulta depurado para deixar o esencial”, explicou o xurado.
Resurrección dixital e ‘deepfakes’. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Resurrección dixital e ‘deepfakes’. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal, de Manuel Barreiro. O xurado cualificouno como “interesante por canto advirte derivadas políticas, económicas, éticas ou ambientais sen caer no derrotismo e con administrada ironía”.
A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: A gran imaxe non ten forma. Apuntamentos sobre a creacion de símbolos identitarios, de Victor Soho. En palabras do xurado, “unha proposta temática sobresaliente cunha execución orixinal que parte dunha historia actual sobre o amor para achegarse ao valor dos símbolos, a necesidade, ou non, de telos e as formas que deben adoptar”.
Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego: Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira, de Breogán Xague. O xurado destacou a elevada calidade da proposta “grazas a un texto arriscado pola formulación e enfoque orixinal, cunha esencia plural e aberta”.