Bng
Corporate/Government Newsroom
Galician Nationalist Bloc. So that you know what we do for Galicia and for you. Source
Actions
Media Outlet details
| Scope | Local |
|---|---|
| Language | Galician |
| Country | Spain |
|
Similarweb UVM |
Request pricing |
|
Comscore UVM |
Request pricing |
Recent Articles
Search ArticlesBNG esixe cambiar o sistema de citas nos hospitais para que as persoas doentes saiban cando van ser atendidas
A portavoz de Atención Hospitalaria do BNG no Parlamento, Iria Carreira, defendeu no Parlamento unha iniciativa na que se reclama á Consellería de Sanidade que modifique o sistema de citas para unha consulta especializada ou para a realización de probas diagnósticas, de maneira que as persoas doentes coñezan desde o primeiro momento cando van ser atendidas.
BNG pídelle o PP que “quite as orelleiras” e tome medidas para mellorar a atención nas escolas infantís de 0 a 3 anos
A portavoz de Infancia do BNG no Parlamento, Ariadna Fernández, emprazou ao PP na Xunta a “quitar as orelleiras” e atender as demandas que lle están a facer o colectivo de traballadoras e traballadores das escolas infantís sobre un modelo no que “non se pensa en quen coida nin en quen é coidado”.
Ana Pontón: “Cristina Fernández é a alcaldesa capaz de devolver Ponteareas ao bo camiño cun concello ao servizo das persoas”
A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto de presentación de Cristina Fernández como candidata do BNG á Alcaldía de Ponteareas nas eleccións municipais de maio de 2027, convencida de que nesa cita coas urnas o concello vai recuperar “o bo camiño” da man do Bloque e con Fernández como alcaldesa.
BNG acusa o PP de arquivar en falso o proxecto de Altri para retomar o proxecto “cando muden as circunstancias”
O viceportavoz e responsábel de Medio Ambiente do BNG no Parlamento, Luís Bará, acusou o PP na Xunta de arquivar en falso o proxecto de Altri para construír unha macrocelulosa en Palas de Rei e reclamou que se de verdade o Goberno de Rueda quere darlle carpetazo e facelo inviábel no futuro ten que denegar a declaración ambiental integrada e o permiso de concesión de augas, os dous trámites que faltan para culminar a tramitación como Proxecto Industrial Estratéxico.
Bandeira da Patria (100×70)
10,00 € Bandeira da Patria de 100×70 cm. Hai existencias Bandeira da Patria (100x70) cantidade Categoría: Bandeiras Etiqueta: Bandeira da Patria Galega Descripción Descripción Bandeira da Patria de 100×70 cm. Información adicional Peso 0,200 kg Dimensións 100 × 70 cm Tamén che recomendamos… Autocolante “GZ” para o coche 1,00 € Autocolante da bandeira da Patria para o coche (interior) 1,00 € Pin coa bandeira da Patria Galega 2,00 €
BNG consegue a exención das cotas á Seguranza Social para as mariscadoras afectadas pola crise marisqueira
O Bloque Nacionalista Galego anuncia un principio de acordo co Goberno do Estado para aprobar a exención do pagamento das cotas á Seguranza Social para as mariscadoras e mariscadores afectados pola grave crise que atravesa o marisqueo galego, especialmente após os temporais e as choivas torrenciais do pasado inverno. O Goberno comprometeuse co BNG a incluír a medida no primeiro vehículo legal a tramitar, previsibelmente un Real Decreto Lei.
BNG denuncia temperaturas de ata 30 graos en hospitais galegos que dificultan a recuperación dos doentes ingresados
A deputadaA portavoz de Sanidade Hospitalaria do BNG no Parlamento, Iria Carreira, denuncia as condicións que teñen que soportar as e os doentes ingresados e as persoas que os acompañan, así como o persoal traballador da rede de centros do Sergas a causa das altas temperaturas, que nalgún caso chegaron a superar estes días os 30 grados nas habitacións.
BNG toma a iniciativa para que Galiza acade todas as competencias pendentes e avance cara un novo status político
Galiza precisa con urxencia avanzar en autogoberno real e dotarse dun novo status político e, fronte a inacción do goberno do PP, o BNG toma a iniciativa actuando como goberno alternativo e inicia unha ofensiva que ten como primeiro reto acadar todas as transferencias pendentes no Estatuto de 1981, as aprobadas polo Parlamento galego e as que xa teñen as outras dúas nacións históricas.
Comunicado da Executiva Nacional do BNG tras a cimeira da OTAN en Turquía
A cimeira da OTAN en Ankara (Turquía) que se vén de celebrar supón un paso máis na deriva armamentista e belicista, impulsada desde Washington, ao servizo dos intereses do Imperialismo e da súa axenda de dominación. A Executiva Nacional do BNG quere expresar publicamente a súa valoración diante dunha Declaración de Ankara que consolida e afonda nas liñas de actuación xa fixadas no relativo ao aumento xeneralizado do gasto militar, mantendo a esixencia de destinar o 5% do PIB para gasto militar.
Ana Pontón urxe frear a eucaliptización de Galiza e planificar un monte ordenado e multifuncional para combater os lumes
A portavoz nacional, Ana Pontón, apuntou desde Valga a urxencia de poñer freo á eucaliptización de Galiza que promove o Goberno do PP e apostar por un monte “limpo, ordenado e multifuncional” que, ademais de promover o dinamismo do rural, contribúa a combater os lumes. En declaracións aos medios logo de visitar a empresa Serrerías Rodríguez, Pontón en primeiro lugar trasladar todo o apoio e solidariedade do BNG ás familias das vítimas do incendio de Almería.