A humanidade segue a concentrarse cada vez máis nas cidades, especialmente nas pequenas e medianas, a pesar do que a alza da urbanización está moi por riba da poboación. Porén, en 62 Estados e territorios de todo o mundo as comunidades rurais son aínda o tipo de asentamento que acolle máis habitantes.
Is this you? As a journalist, you can create a free Muck Rack account to customize your profile, list your contact preferences, and upload a portfolio of your best work.
Claim your profile
Articles by André Mauricio
Os debates dan a saída á precampaña para as presidenciais en Portugal
Os 28 debates presidenciais programados conxuntamente polas televisións lusas chegan á súa fin. “Um esforzo televisivo sen precedentes”, din as cinco canles que os emiten. Esta sexta feira enfróntanse Cotrim de Figueiredo e André Ventura, que encabeza as enquisas. O 22 rematan con Gouveia e Melo e Marques Mendes. A última sondaxe prevé un empate entre André Ventura (Chega), Luís Marques Mendes (PSD) e o almirante Gouveia e Melo.
O ultradereitista José Antonio Kast chega como favorito ás eleccións de Chile
Un seguidor do ditador Augusto Pinochet, o ultradereitista José Antonio Kast, podería converterse este domingo no novo presidente de Chile 35 anos despois daquel golpe militar. A súa rival nesta segunda volta electoral, a progresista Jeannette Jara, do partido de Gabriel Boric, parte con desvantaxe segundo as enquisas.
Os Estados Unidos ameazan o Tribunal Penal Internacional con máis sancións se non dá inmunidade a Trump
Os Estados Unidos comunicaron ao Tribunal Penal Internacional (TPI) que ou modifica a súa normativa ou lanzará máis sancións contra o organismo xudicial, após implementar medidas coercitivas contra seis xuíces e xuízas e tres membros da Fiscalía, incluído o fiscal xefe, confirmou a cuarta feira un funcionario estadounidense á axencia Reuters.
O Supremo asegura na sentenza ao fiscal xeral que revelou segredos ao aclarar un bulo
O voto particular de dúas xuízas reclama a absolución de García Ortiz e cuestiona os fundamentos do auto condenatorio. O Tribunal Supremo (TS) do Estado español, 19 días despois de comunicar a súa decisión de condenar o fiscal xeral, Álvaro García Ortiz , que renunciou por este motivo e está en funcións até que… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a .
Trump critica os "débiles" líderes de Europa, que afronta a "destrución"
“Europa está a ser destruída”, asegurou en declaracións publicadas a terza feira o inquilino da Casa Branca, Donald Trump, que o atribuíu a “deixar entrar millóns de persoas, moitas das que acaban cometendo crimes atroces”, unha narrativa impulsada pola extrema dereita e sen relación coa realidade, pois de maneira xeneralizada os estudos científicos desbotan a existencia dun vínculo entre a chegada de persoas migrantes e o incremento dos delitos.
A toma do poder dos xihadistas en Siria deixa o ano máis mortífero desde 2019
Hai a segunda feira un ano, o daquela presidente de Siria Bashar al Assad fuxiu do país nun avión de Rusia, onde está asilado desde entón, ante o avance dos xihadistas nunha ofensiva lanzada desde Idlib, a pequena área no noroeste do país que controlaban, e aprobada por Turquía. En apenas semana e media e sen apenas resistencia das Forzas Armadas Árabes Sirias chegaron a Damasco, a capital.
Netflix pon 71.000 millóns de euros e gaña a poxa por Warner Bros e 'HBO'
De rematar con éxito o proceso de compra de Warner Bros Hollywood ficará en mans de Netflix, que dominaría non só a distribución senón tamén a produción audiovisual, ampliando ao tempo o seu negocio principal con HBO Max. A poxa que comezou cando David Zaslav , director executivo de Warner Bros.
Ariel Basteiro, autor de 'Radiografía dunha canallada': "Usáronse as balas da Arxentina na represión tras o golpe en Bolivia"
A sexta feira Ariel Basteiro presentou con Ana Miranda (BNG) na Libraría Cartabón de Vigo Radiografía dunha canallada, que aborda o apoio do Goberno conservador arxentino liderado por Mauricio Macri (2015-2019) ao golpe de Estado en Bolivia de 2019. —Que fontes usou na obra para demostrar o envío de armas a Bolivia por parte do Executivo de Macri? Principalmente documentos, algúns diplomáticos reservados e tamén públicos, que van confirmando a investigación periodística paralela.
Xi avisa a UE de que "desacoplarse" da China suporá "a interrupción do comercio"
A baixada da tensión entre a China e os Estados Unidos a raíz da tregua comercial non se estende ás relacións entre o país asiático e a Unión Europea, que presentou a cuarta feira un plan para limitar as compras a Beijing e seguir coa estratexia de Washington.
Expertos da ONU critican as accións dos Estados Unidos contra Venezuela
George Katrougalos e Ben Saul, expertos da Organización das Nacións Unidas (ONU), remarcaron a quinta feira que a despregadura militar estadounidense no mar Caribe e as medidas para tratar de depor o Goberno do progresista Nicolás Maduro en Venezuela implican unha violación de varios tratados internacionais e poñen en risco a seguridade rexional e a economía venezolana.
A Unión Europea ratifica a fin da importación de gas natural e petróleo ruso para 2027
Os prazos para liquidar os acordos de compra de GNL afectan ao Estado español, que se converteu nun dos principais importadores. Os equipos negociadores do Consello da Unión Europea (UE) e do Parlamento Europeo alcanzaron a cuarta feira un entendemento sobre a fin das importacións de gas natural e petróleo procedentes de… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda?
"Se Europa quere pelexar nunha guerra estamos listos agora", advirte Putin
Zelenski indica que a cuestión territorial, o futuro dos activos rusos conxelados e as garantías de seguridade son os puntos clave para un potencial acordo de paz. Na tarde da terza feira, Jared Kushner , xenro do líder estadounidense Donald Trump , e o seu enviado especial, Steve Witkoff , chegaron ao Kremlin, onde se reuniron cunha delegación rusa… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Os Estados Unidos liberan o ex presidente narco de Honduras no medio do reconto
O ultradereitista Juan Orlando Hernández (Partido Nacional, PN), ex presidente de Honduras condenado a 45 anos de prisión por narcotráfico nos Estados Unidos, foi liberado, indicaron a terza feira medios do país centroamericano, despois do anuncio do mandatario estadounidense Donald Trump de que lle concedería o indulto mentres pedía o voto para o PN.
Dous aspirantes de dereita pugnan voto a voto pola Presidencia hondureña
Á espera de que se comuniquen os resultados oficiais, a candidata progresista ficaría sen opcións de seguir Xiomara Castro. Nasry Asfura , candidato á Presidencia de Honduras polo ultradereitista Partido Nacional (PN) e para quen pediu o voto o dirixente estadounidense Donald Trump , encabezaba a segunda feira á hora… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda?
O CNI confirma que espiou Sànchez e Paluzie, ex líderes da Assemblea Nacional Catalana
O Centro Nacional de Intelixencia (CNI) do Estado español usou o programa israelí Pegasus para espiar entre 2019 e 2020 Jordi Sànchez e Elisenda Paluzie logo de recibir o aval do Tribunal Supremo (TS), recoñeceu a segunda feira a súa directora, Esperanza Casteleiro, nunha declaración por videoconferencia no Xulgado de Instrución 23 de Barcelona, a capital catalá.
Dimite o xefe de Gabinete de Zelenski tras un rexistro das axencias anticorrupción
Sen confirmar a relación coa trama de subornos dun amigo do mandatario. A Oficina Nacional Anticorrupción (NABU) e a Fiscalía Especializada Anticorrupción de Ucraína (SAPO) informaron a sexta feira de que estaban efectuando “rexistros no domicilio do xefe da… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a . Grazas por ler Nós Diario.
Trump freará "permanentemente" a inmigración desde o "terceiro mundo"
No medio da última ofensiva contra as persoas migrantes no país, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou na madrugada da sexta feira que “farei unha pausa permanente á migración desde todos os países do terceiro mundo”, no que aparenta ser unha alusión aos estados que conforman o Sur Global, así como que acabará con todas as axudas a quen non conte coa cidadanía.
Vox volve apoiar o PP e Llorca será o novo president valenciano en lugar de Mazón
Cando menos publicamente, a sesión de investidura de Juanfran Pérez Llorca, do Partido Popular (PP), no que se desempeña como secretario xeral no territorio desde agosto de 2023, como novo presidente do País Valencià comezou a quinta feira nas Corts Valencianes sen un acordo coa ultraespañolista Vox, imprescindíbel para que Llorca substitúa Carlos Mazón á fronte da Generalitat Valenciana.
Rutte confía en que o conflito en Ucraína poida finalizar este ano
O secretario xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), Mark Rutte, abriu a porta nunha entrevista publicada a cuarta feira a que a guerra de Ucraína remate antes de final de ano, mentres se intensifican os contactos entre os Estados Unidos, Rusia e Ucraína para pórlle fin.
Washington intenta achegar as posicións de Moscova e Kíiv en Abu Zabi
Dan Driscoll, secretario do Exército dos Estados Unidos, reuniuse cunha delegación rusa en Abu Zabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos, na noite da segunda feira e “durante toda” a terza, vén de comunicar Jeff Tolbert, voceiro de Driscoll, co obxectivo de “lograr unha paz duradeira en Ucraína”. O portavoz apuntou que “as conversas van ben e seguimos a ser optimistas”, remarcando que Driscoll “está estreitamente sincronizado coa Casa Branca a medida que avanzan as conversas”.
O Goberno español propón Teresa Peramato como nova fiscala xeral do Estado
A coalición de Goberno no Estado español, conformada polo PSOE e Sumar, decidiu a terza feira propor como nova fiscal xeral estatal Teresa Peramato, un día despois de que Álvaro García Ortiz presentara a súa renuncia ao cargo por mor da condena por revelación de secretos emitida polo Tribunal Supremo (TS).
Case unha de cada tres mulleres no mundo padeceron violencia física ou sexual
Como mínimo 840 millóns de mulleres de 15 anos ou máis, case unha de cada tres mulleres no planeta, sufriron violencia física ou sexual cando menos unha vez na vida.
O Goberno español denuncia a súa "indefensión" tras a condena a Ortiz
Fontes do Executivo español, conformado por unha coalición entre PSOE e Sumar, trasladaron a sexta feira a medios estatais que senten “indefensión e sorpresa” pola decisión do Tribunal Supremo (TS) de condenar por revelación de secretos malia a falta de probas Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado, que será substituído logo de que a sentenza o inhabilite para o cargo durante dous anos.
As crianzas morren en conflitos armados a unha "escala nunca vista"
4.676 nenas e nenos morreron e 7.291 resultaron feridos en zonas de conflito en 2024, recollen as cifras da Organización das Nacións Unidas (ONU), o que supón “unha escala nunca vista” que se explica polas armas explosivas, sostivo a quinta feira Save the Children no seu informe Infancia e lesións por explosións: O impacto devastador das armas explosivas nos nenos e nenas.
Chile vota coa vista posta no ultradereitista Kast e na comunista Jara
Non se prevé que ninguén supere 50%, polo que habería unha segunda volta en decembro. Case 16 millóns de votantes rexistradas e rexistrados teñen o domingo na súa man elixir o rumbo que tomará Chile nos vindeiros catro anos, co desenvolvemento da primeira volta das eleccións… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a . Grazas por ler Nós Diario.
Os Estados Unidos tratan de lograr o apoio da ONU para controlar Gaza como mínimo dous anos
A postura dos estados rexionais será determinante. A segunda feira, os Estados Unidos enviaron a outros membros do Consello de Seguridade da ONU un proxecto de resolución co que buscan lexitimar no organismo internacional a despregadura dunha Forza… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a . Grazas por ler Nós Diario.
Vítimas da DINA piden saber a "verdade" e que se depuren "responsabilidades"
A presidenta da Associació de Víctimes Mortals 29-O, Rosa Álvarez, explicou a terza feira no Congreso español, na primeira xornada da comisión de investigación sobre as 229 mortes no País Valencià hai un ano a raíz dunhas inundacións causadas por unha depresión illada en niveis altos (DINA) e da xestión da Generalitat Valenciana encabezada polo Partido Popular (PP), como morreu Manuel, o seu pai.
A UE reitera o seu apoio á soberanía marroquí sobre o Sáhara Occidental
O voceiro de Exteriores da Unión Europea (UE), Anouar El Anouni, comunicou a segunda feira o apoio do bloque comunitario a un proceso de resolución do conflito no Sáhara Occidental ocupado por Rabat “sobre a base da proposta de Marrocos”, que contempla a autonomía limitada do territorio, consolidando a ocupación.
O fiscal xeral español nega ser culpábel de revelación de secretos
No xuízo que comezou a segunda feira no Tribunal Supremo español contra Álvaro García Ortiz, fiscal xeral estatal, o acusado rexeitou que se considere responsábel de revelación de secretos no caso de Alberto González Amador, parella da presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso (Partido Popular, PP), que non pagou 350.000 euros a Facenda por medio dunha trama de empresas pantalla e facturas falsas. É a primeira ocasión na que un fiscal xeral español se somete a xuízo penal.
Mazón rexistra en Les Corts o escrito de renuncia como president da Generalitat e pide a PP e Vox que elixan o seu substituto
Finalmente, 370 días despois de que a actuación da Generalitat Valenciana fora determinante segundo a investigación xudicial para que 229 persoas perderan a vida nas inundacións a raíz dunha depresión illada en niveis altos (DINA), o seu presidente, Carlos Mazón (Partido Popular, PP), presentou a segunda feira a súa dimisión.
"Marchou matando de novo os mortos e as súas familias": As vítimas da DINA reaccionan ao discurso de Carlos Mazón
O discurso de despedida de Carlos Mazón, no que anunciou que deixaba de ser presidente da Generalitat Valenciana tras a polémica pola xestión da DINA, xerou unha fonda indignación entre as asociacións de vítimas. As e os familiares acusan o dirixente popular de facer unha defensa persoal e de non asumir en ningún momento a súa responsabilidade política nin moral. "Foi un discurso para lavar a súa imaxe.
A ONU exixe aos Estados Unidos que paren os "asasinatos extraxudiciais" no Caribe e no Pacífico
“A partir da escasa información facilitada publicamente polas autoridades estadounidenses, ningunha das persoas que se atopaba nas embarcacións atacadas parecía representar unha ameaza inminente para a vida doutras persoas nin xustificaba doutro modo o uso da forza armada letal contra elas en virtude do dereito internacional”, subliñou a sexta feira o alto comisionado da Organización das Nacións Unidas (ONU) para os Dereitos Humanos, Volker Türk.
Xi e Trump selan en Corea do Sur unha tregua dun ano na guerra comercial
Os EUA reducen os aranceis medios a mercadorías chinesas a 47%, mentres que ao revés seguirán sen cambios, en 32% A China e os Estados Unidos anunciaron a quinta feira unha tregua dun ano na guerra comercial desatada por Washington, no marco da primeira reunión desde 2019 entre Xi Jinping , presidente chinés,… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a .
A Asemblea Xeral da ONU volve reclamar aos EUA a fin do bloqueo contra Cuba
O embargo económico instaurado por Washington causou danos por valor de máis de 18 veces o PIB estimado este ano. Con 165 votos a favor, sete en contra e 12 abstencións foi aprobada a cuarta feira por 33ª ocasión na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU), situada en Nova York (Estados Unidos),… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a .
Alejandro López, director de 'Descifrando la Guerra': "Semella bastante complicado que a tregua en Gaza non estoupe"
—Israel está violando constantemente o cesamento do fogo desde que foi asinado. Cara a que escenario imos? Semella bastante complicado que iso non poida estoupar por outro lado, tanto porque en Israel sigan co plan dunha colonización e non permitan que se cumpra coa fin da invasión e da ocupación que houbo até o de agora como porque en Palestina poida estalar o movemento de resistencia nacional por outro lado.
Mazón enrócase á fronte do País Valencià 229 mortes e 365 días despois
Até 237 persoas, 229 no País Valencià, sete en Castela-A Mancha e unha en Andalucía, perderon a vida hai a cuarta feira un ano polas inundacións causadas por unha depresión illada en niveis altos (DINA). Os corpos de dúas delas, Elisabet Gil Martínez e Francisco Ruiz Martínez, aínda non foron atopados, nunha relación da que saíu a pasada semana Javier Vicent Fas, cuxos restos foron descubertos no leito do río Túria, no concello de Manises, próximo a València, a capital territorial.
As ameazas de Trump impulsan Milei á vitoria electoral nas lexislativas
"Xustificaron a nosa confianza nel", celebrou o presidente estadounidense logo de difundirse os primeiros resultados. Contrarrestando as enquisas, a forza de extrema dereita A Liberdade Avanza (LLA), do presidente arxentino Javier Milei , alcanzou 40,7% das papeletas para a Cámara Baixa nas eleccións lexislativas… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda?
A Executiva de Junts acorda pedir á militancia que apoie romper co PSOE
O presidente español, Pedro Sánchez, “non terá nin poderá recorrer á maioría da investidura”, aínda que si poderá manter a “poltrona”, subliñou a segunda feira o ex presidente catalán e líder de Junts, Carles Puigdemont, ao anunciar que a Executiva da formación decidiu por unanimidade rachar co PSOE, despois de advertir ao longo dos últimos meses que habería consecuencias no caso de que non comezase a cumprir cos compromisos do acordo de investidura.
Puigdemont culpa o PSOE da ruptura das relacións e avísao de que non poderá gobernar
Carles Puigdemont trasladou ao PSOE a carga da responsabilidade da rotura das relacións e emprazouno a responder ante a cidadanía de que maneira gobernará a partir de agora. Nunha comparecencia sen preguntas en Perpinyà, ante a dirección e cargos institucionais de Junts, Puigdemont advertiu o presidente español, Pedro Sánchez, que a partir de agora non terá orzamento nin capacidade de gobernar.
As lexislativas parciais na Arxentina deciden o futuro de Javier Milei
No seu momento máis baixo de aprobación popular e tras dous rescates financeiros, un dos Estados Unidos e o outro do Fondo Monetario Internacional, que aínda así non lograron frear a falta de liquidez no país nin a depreciación constante do peso, Javier Milei, presidente da Arxentina, afronta uns comicios parlamentarios parciais nos que os progresistas buscan darlle o golpe de graza. Trump xa advertiu que o seu apoio económico depende do resultado.
Santiago pon nome aos nenos e nenas asasinadas en Gaza: máis de 70 persoas participaron en 10 horas de lectura
Santiago de Compostela sumouse esta sexta feira ás cidades nas que se leron os nomes dos nenos e nenas asasinadas na Faixa de Gaza, que, segundo datos do Ministerio de Saúde de Gaza, ascenden a 19.500 vítimas menores de idade. Desta forma, a capital galega segue o camiño de cidades do mundo e tamén galegas, como Ourense e A Coruña. Máis de 70 persoas estaban apuntadas previamente á acción organizada por Galiza por Palestina, que arrincou ás 10 horas e estendeuse até as 20 horas.
"A catástrofe humanitaria en Gaza non mudou", denuncia Defensa Civil
O voceiro da Defensa Civil de Gaza, Mahmoud Basal, informou a sexta feira de que “a catástrofe humanitaria non mudou”, detallando que a entrada de camións de axuda humanitaria, que, aínda que en menor medida que antes da tregua, Israel segue a obstaculizar, incumprindo o pactado, non alcanza para cubrir as necesidades mínimas da poboación logo de dous anos de xenocidio.
Carlos Aymerich: "O modelo de Israel vai colapsar, é un proxecto colonial europeo fóra de tempo"
“Creo que hai unha única solución que é cumprir o dereito internacional, está moi ben falar de dous Estados como unha fórmula, en todo caso, transitoria”, mais iso implica que a única vía é “descolonizar” o territorio e “ir a un único Estado, laico, democrático, seguramente binacional”, que recoñeza o dereito ao retorno das e dos palestinos, sentencia a Nós Diario Carlos Aymerich, colaborador deste xornal e tradutor ao galego de Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Ilan...
O Estado español únese ao programa para comprar armas dos EUA e envialas a Ucraína
Despois das sucesivas críticas do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, ao Estado español, instigadas tamén polas preguntas nas roldas de prensa na Casa Branca do xornalista de ABC David Alandete, o presidente español, Pedro Sánchez (PSOE), anunciou a quinta feira en Bruxelas antes do Consello Europeo que decidiu sumarse ao programa da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) para comprar armas aos Estados Unidos e envialas a Ucraína.
Colombia pide axuda ao "mundo" para frear a escalada desatada por Trump
Persoas expertas citadas pola ONU apoian a denuncia de Venezuela de que os Estados Unidos están a violar a súa soberanía. “É en compañía como un se defende dun monstro como [o presidente dos Estados Unidos Donald] Trump ”, proclamou no Consello de Ministros o progresista Gustavo Petro , mandatario de Colombia, ao… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda?
Israel, obrigado a permitir o acceso de axuda a Gaza, resolve o tribunal da ONU
O réxime sionista, como ocupante de Palestina, ten “a obriga de aceptar e facilitar os plans de axuda” das organizacións humanitarias en Gaza, incluíndo os da Organización das Nacións Unidas (ONU) e as súas entidades, e “garantir as necesidades básicas” da poboación, sentenciou a cuarta feira o Tribunal Internacional de Xustiza (TIX), o máximo órgano do sistema xudicial do organismo internacional.
Petro chama a consultas o embaixador nos EUA e Trump confirma a suba dos aranceis a Bogotá
Sete embarcacións foron atacadas polos estadounidenses no Caribe desde setembro. Unha trintena de persoas foron asasinadas. Mentres Venezuela está en alerta ante unha potencial agresión militar dos Estados Unidos, o país xirou nos últimos días cara a Colombia como obxectivo dos seus ataques verbais, o que levou o… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a .
Paz gaña entre o temor ao extremismo de Quiroga en Bolivia
O compostelán Rodrigo Paz, cuxa nai, Carmen Pereira, tamén naceu na capital galega (mais no seu caso ao estar exiliado alí o seu pai, o ex mandatario Jaime Paz Zamora), e neto do mestre Jesús Pereira Vilariño, será o novo presidente de Bolivia, despois de que na madrugada da segunda feira o Tribunal Supremo Electoral cualificara a tendencia do reconto como “irreversíbel”.
Bolivia decide entre privatizacións para empresas estranxeiras ou locais
Dúas dereitas dispútanse a Presidencia na segunda volta do domingo. O 8 de novembro o presidente de Bolivia, Luis Arce (Movemento ao Socialismo, MAS), entregará a banda presidencial , pondo punto e final a case dúas décadas de gobernos progresistas que… Debes estar rexistrado para ler este contido Se xa tes unha conta, inicia sesión star Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis. Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a . Grazas por ler Nós Diario.
Show More
loading
Actions
Get in touch with André
Contact André, search articles and posts on X, monitor coverage, and track replies from one place.
Learn more about Muck Rack