O fondo dos espellos devólvenos agora una imaxe máis borrosa na data, quizais a primavera de 1980, ca no seu miolo. Estabamos nun bar da rúa do Franco, algo antes da hora do xantar, arredor dunhas cervexas e unhas cuncas daquel ribeiro turbio de outrora. A boa nova era que el regresaba dun tempo de escuridade e silencio, e alí, cos da miña xeración, a dos seus fillos, falaba de reconstruír unha vida que ao pouco pasou a contar coa complicidade amorosa e rexa de Aurichu.