Is this you? As a journalist, you can create a free Muck Rack account to customize your profile, list your contact preferences, and upload a portfolio of your best work.
Claim your profile
Articles by Patrícia Janeiro
OPINIÓN | Nostálxicos do NO-DO. Patricia A. Janeiro
Estes días, no medio das reivindicacións da rapazada acampada nas prazas, escoitei algunhas comparacións da situación actual da vivenda coa época dos nosos pais, dos nosos avós… porque sempre hai quen porfía en encirrar o conflito xeracional inda que sexa por vender libros.
Feliz inicio de curso concertado
Esta semana comeza o curso escolar e os nosos gobernantes xa lanzaron as habituais mensaxes desexándolle ao alumnado o mellor nesta viaxe, etapa, aventura, ou a metáfora trillada que se lle ocorrese desta vez aos respectivos xefes de prensa. O presidente Alfonso Rueda decidiu gravar a súa mensaxe desde o colexio San Narciso de Marín, o privado-concertado no que el estudou varios cursos cando era neno.
OPINIÓN | Sustentabilidade. Por Patricia A. Janeiro.
Como cada fin de curso, comezo a miña descompresión da sobrecarga sensorial que supoñen as aulas ateigadas de adolescentes facendo exactamente o mesmo que tantas veces lles recriminamos a eles: pechada na casa sen falar con ninguén, apampada co scroll infinito do Instagram. Vexo a foto, tirada por un escritor con ollo artístico, dun bordón de peregrino ensartado nunha papeleira da estación de autobuses de Santiago. A foto dunhas botas enlamadas enriba doutra papeleira, esta vez da zona vella.
OPINIÓN | Infiltrados nas aulas. Por Patricia A. Janeiro.
A finais dos anos 80 Johnny Depp pasou de ser un actor de reparto a ter o papel estelar forrando as carpetas de milleiros de adolescentes grazas a unha serie de televisión chamada 21 Jump Street (Nuevos Policías en España). Nela, Depp e un grupo de policías tan lampos coma el facíanse pasar por adolescentes para infiltrarse nos institutos estadounidenses na procura de actos delituosos.
OPINIÓN | Lugo noir. Por Patricia A. Janeiro.
Cando eu era nova, na casa dos avós, dábase ás veces unha situación que nos causaba moito pudor: se algunha tía ou algún tío meu se presentaba a unhas oposicións do seu gremio, se algún deles precisaba un permiso do concello ou da consellaría para unha obra, a miña avoa inmediatamente se ofrecía para facer indagacións “a ver a quen coñecía”. O resto da familia tentaba restarlle importancia ao comentario e limitábanse a dicirlle que o mundo xa non funcionaba así.
Guía para fortalecer a convivencia entre a Consellaría de educación e o profesorado galego
Este mes a Consellaría de Educación presentou unha Guía para fortalecer a convivencia e inclusión nos colexios e institutos. Non é nada novo, practicamente cada ano sacan unha iniciativa a custo cero (poida que só gasten na luz da sala de prensa o tempo que dura a presentación), inzada de “abordaxes multimodais” e “enfoques proactivos” para que o profesorado siga a facer malabares cos poucos recursos cos que conta ante problemáticas cada vez máis complicadas.
OPINIÓN | 'Os asasinos do rol e os fetichistas do burka'. Por Patricia A. Janeiro
En 1994 dous mozos asasinaron a puñaladas un operario de limpeza madrileño que agardaba polo bus para volver á casa despois da súa quenda de traballo. Cando a policía os detivo, explicaron que escolleran a súa vítima ao chou, seguindo unha especie de xogo que eles mesmos inventaran co obxecto de cometer un asasinato.
OPINIÓN | Quen bota as bombas? Por Patricia A. Janeiro.
O curso escolar transcorre sobre o lombo dunha serie de efemérides que as distintas autoridades educativas teñen a ben marcar no calendario para cumprir cos xenéricos obxectivos que adornan todos os preámbulos de todas as leis de educación. A rapazada americana ten o día da árbore ou o día do presidente, e nós temos o día de Rosalía, o día do libro ou o día da paz.
OPINIÓN | Vellos. Por Patricia A. Janeiro.
Será que se achega a fin do ano e é o momento que escollemos para facer balance, ordenar, comezar de novo e todas esas intencións que duran o que tardamos en pasar o empacho das festas, pero ultimamente o algoritmo porfía en recomendarme rituais de limpeza e orde.
OPINIÓN | O 'canalillo' de Rosalía. Por Patricia A. Janeiro.
O malo das columnas semanais (xa non digamos das mensuais) é que unha quere abordar algo que aconteceu o martes ou mércores e, cando chega a data de entrega, xa nos pasaron por riba outras corenta “últimas horas” máis, cos seus ciclos de indignación, chufa nas redes sociais e esquecemento correspondentes e, para cando a columna sae publicada, xa nin a autora lembra a conto de que viña tanta palabrería.
OPINIÓN | Metonimia. Por Pati A. Janeiro
Na novela Pazo de Inverno, o escritor e ex concelleiro da Coruña Alberto Lema debullaba os catro anos de gobernos municipais “do cambio”, os seus obstáculos insalvábeis e os seus erros, encarnados nun roman à clef que describía, sen camuflalo demasiado, o equipo de goberno do que el fixo parte de 2015 a 2019, a Marea Atlántica da Coruña.
OPINIÓN | Nenos (The kids are alright). Por Patricia A. Janeiro
A primeira vez que din clase nunha escola foi nunha aula de educación infantil. Supúñase que lles tiña que aprender inglés de forma lúdica a un grupo de crianzas de catro anos dúas horas á semana despois de clase, pero aquel primeiro día, sen a formación adecuada nin os recursos para desenvolverme, saín daquela clase como se viñese de Vietnam.
A caza de Rueda
No Museo de Historia Natural da USC hai un diorama que representa a biodiversidade dun bosque caducifolio galego. Esta semana, durante unha visita, a bióloga que nos guiaba amosounos un exemplar disecado de pita de monte e explicou que, malia se conservar aínda nalgúns puntos da Europa continental, este animal está completamente extinto na Galiza. Nese intre a miña acompañante bisboume no oído “a última veuna Fraga” e as dúas rimos a cachón.
OPINIÓN | Así que a neutralidade era iso. Por Patricia A. Janeiro.
Levo días dándolle voltas a se escribir sobre as instrucións de formación do espírito nacional da Consellería de Educación.
OPINIÓN | As Malas Causas. Por Patricia A. Janeiro.
Chegaron boas noticias esta semana a Santiago. Despois de poñérselle en contra a veciñanza, o concello, os seus propios técnicos e mesmo os peregrinos, a Xunta por fin recuou na súa decisión de empichar as brañas do Sar até o mesmo pé do carballo centenario de Conxo para poñer un carril bici.
OPINIÓN | Testemuños. Por Patricia A. Janeiro
Nas igrexas pentecostais americanas, entre cánticos, saltos no nome do Espírito Santo, curacións milagreiras e sermóns, é especialmente popular a tradición dos testemuños espontáneos, cando os fieis soben ao altar (normalmente un escenario) para dar conta dun momento de sufrimento na súa vida do que saíron airosos grazas á fe, todo relatado cun importante sentido do ritmo escénico, co predicador interpelando o fiel e o público dando constantes aleluias.
OPINIÓN | As présas. Por Patricia A. Janeiro
Teño debilidade polas películas de estafadores, coido, porque me marabilla a habelencia coa que enredan as vítimas cunha retórica imposíbel mentres lles baleiran a carteira. Para que o calote funcione, é fundamental imprimirlle ao conto unha sensación apremante, que a vítima non teña tempo de parar a pensar no que está a acontecer.
OPINIÓN | A fin do mundo. Por Patricia A. Janeiro.
Semella que sempre estamos a agardar polo meteorito, ou sequera a recalcular a súa probabilidade de impacto na terra, contendo a respiración mentres sube do 1 ao 2%, imaxinando que caerá en Nova York, que é onde caen os meteoritos das películas, despois de desprendérenselles algúns anacos ao entrar na atmosfera, que van dar, invariabelmente, á torre Eiffel e ás pirámides de Gizeh.
OPINIÓN | Jesús Pérez Varela, moitas sombras na sombra. Por Patricia A. Janeiro
|
[Escribo esta nota necrolóxica na mesma semana na que o PPdeG insultou en sede parlamentaria a memoria dos mortos nos campos de concentración de Franco.
By Patrícia Janeiro, Alberto Pozas Verified, Maria Alvarez, María Alvarez, María Esther Álvarez Verified, Ignacio Escolar Verified
|
El Diario
Verified
Sospeitosos
Hai xa quince anos que tiven a miña única experiencia nun itinerario personalizado do Servizo Galego de Colocación. A orientadora laboral que me atendeu na entrevista persoal admirou o meu currículo e díxome que con tanta formación (un título e un par de idiomas) non entendía como non daba atopado traballo, o que dalgún xeito me deu idea da súa desconexión da realidade.
O medo non para
|
“Así comezou a Terceira Guerra Mundial, e despois seguiron outras tres.” Stefano Benni, Terra! (1983) Unha vez dixen nunha entrevista que sempre me dá a sensación de estar a mirar para outro lado cando acontece algo importante, e cando a leu miña nai díxome que iso nos pasa a todos, que é lei de vida. Como boa nai, ela sempre lle quita drama ás cousas que digo para que non me tome demasiado en serio a min mesma, pero neste caso coido que tiña razón.
By Patrícia Janeiro, Manel Fontdevila Verified, Javier Biosca Azcoiti Verified, Elena Herrera Verified
|
El Diario
Verified
OPINIÓN | Meritocracia. Por Patricia A. Janeiro.
|
Dos mitos fundacionais sobre as persoas con cartos, sempre me gustou moito o dos fundadores de empresas tecnolóxicas que “empezaron nun garaxe” ou o dos herdeiros de grandes fortunas españolas que empezan na empresa “dobrando camisas” e van subindo chanzos corporativos a base de sacrificio, abnegación e traballar os festivos.
By Patrícia Janeiro, Sofía Pérez Mendoza Verified, Ignacio Escolar Verified, Manel Fontdevila Verified
|
El Diario
Verified
OPINIÓN | Avalancha de racismo. Por Patricia A. Janeiro
Vou facer unha confesión que nada ten que ver co tema deste artigo, pero permítanme que prenda un pouco na silveira antes de ir ao caso, porque hai columnas que dá un pouco de preguiza escribir por trataren temas que non deberían estar na axenda no século XXI. Son moi afeccionada ás películas de catástrofes.
Capitalismo de patacón
O caseiro vén de visita, os de abaixo están coa música disco a tope, dime “Vouche dobrar o alugueiro porque o edificio está en ruínas e vasme axudar a subornar o Concello“. Dead Kennedys, Let’s Lynch the Landlord Unha vez estiven nun piso de Santiago que era en realidade un faiado.
Todos somos continxentes
Hai unhas semanas, a escola do meu fillo mandou unha comunicación ás familias para informar de que a titora do seu grupo de primaria ía estar 10 días de baixa e que a consellaría se negara a mandar substituta. As crianzas, dicía a mensaxe, non deixarían de estar atendidas por profesorado de apoio, pero pareceulles importante que soubésemos que estaban sen a súa profesora.
OPINIÓN | Oficina de asuntos autonómicos. Por Patricia A. Janeiro.
Por fin pasou a investidura adiada de Alfonso Rueda sen pena, gloria, nin grandes titulares. Á hora de escribir este artigo aínda non tivo lugar a toma de posesión, pero case lles podo facer xa a crónica, por se o sábado estaban a aproveitar o soliño e non a viron: emoción (contida, que para algo abusamos do lema “sentidiño”), discurso nun galego ortopédico que denota a falta de costume, e a Real Banda de Gaitas de Ourense cumprindo coa cota fraguista do acto.
OPINIÓN | A praza do Toral. Por Patricia A. Janeiro.
Na praza do Toral, en Santiago, hai unha fonte cadrada que sae nun lote de fotos antigas rodeada de augadoras que posan moi serias a carón das súas sellas, e unha estatua de Atlas, o titán condenado a soster as esferas celestes sobre o seu lombo. No Toral hai tamén, segundo a prensa seria, unha forza gravitacional que atrae xente pobre, e que parece operar só segundo quen goberne no pazo de Raxoi.
Diario da xornada de reflexión: cousas de persoas normais
Rematou a campaña pero eu non dou marchado. Probabelmente teña algo de obsesivo, pero unha vez que empezas a falar das eleccións, ves temas de debate e cheques da Xunta por todas partes. Sexa como for, hoxe é xornada de reflexión, ese parón absurdo entre campaña e eleccións no que os candidatos non poden pedir o voto e teñen que facer cousas de persoa normal, como pasear en bicicleta coa familia rodeados de cámaras ou ir xogar ao dominó á tasca rodeados de cámaras.
Diario de la jornada de reflexión: cosas de personas normales
Acabó la campaña electoral pero yo no consigo marcharme. Probablemente tenga algo de obsesivo, pero una vez que empiezas a hablar de las elecciones, ves temas de debate y cheques de la Xunta por todas partes.
Quen ten cu ten medo
Permítanme que me poña sentimental na miña última bitácora de campaña e bote a ollada atrás, á que escribín hai case dúas semanas. Lembran?
Quien tiene culo, tiene miedo
Permítanme que me ponga sentimental en mi última bitácora de campaña y eche la vista atrás, a la que escribí hace casi dos semanas. ¿Recuerdan?
Que cante Rueda
Nun dos meus episodios preferidos de Buffy the Vampire Slayer, un demo elegante chega á vila de Sunnydale e fai que todos os seus habitantes se poñan a cantar e interpretar números de musical. Non só cantan para as cousas máis cotiás, como tentar zafar dunha multa de tráfico, senón que, canto máis cantan, máis expoñen os seus verdadeiros sentimentos. Até que os sentimentos son tan fortes que os intérpretes morren por combustión espontánea.
Que cante Rueda
Microsoft se preocupa por tu privacidad Microsoft y nuestros proveedores de terceros usan cookies para almacenar y acceder a información como identificadores únicos para entregar, mantener y mejorar nuestros servicios y anuncios. Si está de acuerdo, MSN y Microsoft Bing personalizarán el contenido y los anuncios que vea.
Que cante Rueda
En uno de mis episodios preferidos de Buffy the Vampire Slayer, un demonio elegante llega al pueblo de Sunnydale y hace que todos sus habitantes se pongan a cantar e interpretar números de musical. No solo cantan para las cosas más cotidianas, como intentar zafarse de una multa de tráfico, sino que, cuanto más cantan, más exponen sus verdaderos sentimientos. Hasta que los sentimientos son tan fuertes que los intérpretes mueren por combustión espontánea.
Queres axudas? Levas axudas
Día dez da campaña e seguimos a falar do debate da CRTVG. Inda ben que non teñen pensado organizar máis, por moito que a Xunta Electoral insista, porque visto o visto cun só abonda para varios días. Desde o debate, o PP colleulle gusto ao programa do BNG, e sácano a pasear en canto mitin fan. Seica acaban de descubrir que o Bloque Nacionalista Galego é un bloque de partidos, é nacionalista e non teño claro se o de ser galego tamén os pillou por sorpresa ou iso xa o esperaban.
¿Quieres ayudas? Llevas ayudas
Día diez de la campaña y seguimos hablando del debate de la CRTVG. Menos mal que no quieren organizar más, por mucho que la Junta Electoral insista, porque visto lo visto con uno basta para varios días. Desde el debate, el PP le ha cogido gusto al programa del BNG. Lo saca a pasear en cuanto mitin hacen.
Galicia works, Rueda doesn’t stop
Estamos en el ecuador de la campaña y parece que todo el mundo se ha deshinchado un poco: ayer el PPdeG no sacó nuevos argumentos extraídos de la campaña de 2009 e incluso mantuvo un perfil bajo en las portadas de los medios afectos. Ni 'Ana de Bande' está especialmente ocurrente en las redes, con lo ocurrente que ella es siempre.
Galicia works, Rueda doesn’t stop
Estamos no ecuador da campaña e parece que todo o mundo desinchou un pouco: onte o PPdeG non sacou novos argumentos tirados da campaña de 2009 e mesmo mantivo un perfil baixo nas portadas dos medios afectos. Nin Ana de Bande está especialmente ocorrente nas súas redes, co ocorrente que é ela sempre.
Catro contra un e o céspede mal cortado
Escribo esta entrega da bitácora de campaña cando aínda non pasou a resaca do único debate electoral ao que Alfonso Rueda ten pensado asistir. Estou segura de que tampouco tiña moita gana de ir a ese, pero sendo na casa e coas súas regras íalle ser moi difícil xustificar unha negativa.
Cuatro contra uno y el césped mal cortado
Escribo esta entrega de la bitácora de campaña cuando aún no se pasó la resaca del único debate electoral al que Alfonso Rueda tiene pensado asistir. Estoy segura de que tampoco tenía muchas ganas de ir a ese, pero siendo en casa y con sus reglas le iba a resultar muy difícil justificar una negativa.
Todo é política salvo algunhas cousas
Que foi primeiro, a galiña ou o ovo? A Galiza sen eleccións ou as eleccións sen Galiza? Onte entrei na edición dixital de La Voz de Galicia e quedoume tonto o dedo do scroll antes de chegar a unha noticia sobre a campaña.
Eleccións de incógnito
Caderno de bitácora: ano estelar 15 (isto é, catro lexislaturas de estelares gobernos do PP, case quince anos desde aquelas eleccións que se dirimiron polo custo dunhas cadeiras de despacho e un Audi A8). A precampaña fundiuse por fin cunha campaña que promete deixarnos moitos chíos exaltados de Paula Prado sobre contubernios independentista-leninistas-venezolanos, e moitas fotomontaxes cuquis do BNG.
OPINIÓN | Unha crise de manual. Por Patricia A. Janeiro.
Se na redacción deste xornal me fixesen caso, pediríalles que ilustrasen este artigo con fotos de semáforos ou pasos de peóns coidadosamente seleccionados por min, para que a deputada popular Paula Prado fique descansada sabendo que non son un robot nin unha trama de hackers rusos, nin sequera unha ourensá afincada en Varsovia, só unha humilde persoa real, preocupada pola contaminación no noso mar pero máis preocupada aínda pola contaminación nas nosas institucións.
OPINIÓN | Pantallas. Por Patricia A. Janeiro.
Como titora dun grupo da ESO, este primeiro trimestre tiven entrevistas cun lote de nais e algún que outro pai. Eis un dato interesante que adoitamos esquecer cando falamos de corresponsabilidade no fogar: as nais piden as citas, facilitan o seu teléfono como contacto prioritario da familia e acoden ás reunións co profesorado; os pais só adoitan vir cando veñen os dous xuntos.
OPINIÓN | Vacacións (pagadas) no mar. Por Patricia A. Janeiro.
Entre a miríade de estupideces que estamos a ver na longa precampaña das eleccións galegas, inclúese a colección de Alfonso Rueda Ciclista, Alfonso Rueda Humorista e Alfonso Rueda Operador de Telemarketing, porque, como BarbieTM, o noso presidente pode ser o que queira (cando menos na sempre amable programación da RTVG), malia que cada novo anuncio da Xunta parece entrar con forza na lide para ocupar o podio da infamia populista.
OPINIÓN | Un detalle menor sobre Palestina. Por Patricia A. Janeiro.
Esta semana escoitei na radio a Joe Biden, no límite do paroxismo, comparando os atentados de Hamas co seu 11S, e veume á mente aquela imaxe case obscena dun Yaser Arafat xa ancián doando sangue para as cámaras ao día seguinte dos atentados, dicíndolle ao mundo que Palestina estaba coas vítimas estadounidenses, que podían contar coa súa axuda. Fíxoo nunha sala do hospital Al-Shifa, o mesmo que está a esta hora rodeado de todos os cadáveres que xa non lle caben na morgue.
OPINIÓN | Por si hay gente de fuera. Por Patricia A. Janeiro.
Voulles contar unha anécdota que seguro que xa coñecen: Estando na universidade, o primeiro día de clase entrou o profesor Doutor Don Xan Pericán e comezou a explicar en castelán en que ía consistir a súa materia. Cando unha alumna botada para adiante lle preguntou se as clases de “Perspectivas e retos da antropoloxía cultural galega” non ían ser en galego, el encolleuse de ombros e dixo, enunciando con coidado cada unha das sete vogais: “Mujer, es por si hay gente de fuera”.
Leigh Syndrome Spectrum: A Portuguese Population Cohort in an Evolutionary Genetic Era
Open AccessArticle by Manuela Schubert Baldo 1, Célia Nogueira 1,2, Cristina Pereira 1,2, Patrícia Janeiro 3, Sara Ferreira 4, Charles M.
OPINIÓN | 'Ir a misa e comungar (con rodas de muíño)'. Por Patricia A. Janeiro
A discusión comezou cando, no grupo de whatsapp da cuadrilla, un amigo compartiu un vídeo da investidura do novo goberno grego, coa mesa do parlamento tomada por varios sacerdotes ortodoxos que estaban a dirixir a toma de posesión dos representantes electos dun país que aínda ten relixión oficial.
OPINIÓN | Os ricos tamén choran, pero non é o noso problema. Por Patricia A. Janeiro.
Hai unhas semanas rematou Succession, a serie de moda que nos conta as aventuras, desventuras e puñaladas da moi millonaria familia Roy, magnates ficticios da televisión conservadora e facedores (e desfacedores) de presidentes.
Show More
loading
Actions
Is this you?
As a journalist, you can create a free Muck Rack account to customize your profile, list your contact preferences, and upload a portfolio of your best work.Get in touch with Patrícia
Contact Patrícia, search articles and posts on X, monitor coverage, and track replies from one place.
Learn more about Muck Rack