Actions
Media Outlet details
| Scope | Local |
|---|---|
| Language | Catalan, Galician, Portuguese |
| Country | Spain |
|
Similarweb UVM |
Request pricing |
|
Comscore UVM |
Request pricing |
Recent Articles
Search ArticlesA CIG secunda a folga xeral pola vivenda e a crise de prezos
A Confederación Intersindical Galega apunta á primeira semana de novembro para un paro xeral que, apuntan, atende os mesmos obxectivos que a súa campaña para que "sexa o capital o que asuma as consecuencias da actual carestía da vida e en demanda dunha vida digna para a maioría social" A folga xeral que reclaman as principais organizacións impulsoras das mobilizacións polo dereito á vivenda das últimas semanas segue a gañar apoios nos sindicatos de clase.
O Constitucional ampara Puigdemont e o resto de encausados polo 'procés' e obriga o Supremo a amnistialos
O amparo á ex-conselleira Dolors Bassa, aprobado pola maioría progresista, contén a doutrina a aplicar a todos os condenados e procesados O Tribunal Constitucional acabou na mañá deste martes con tres anos de resistencia e activismo do Tribunal Supremo contra a aplicación da lei de amnistía a Carles Puigdemont e o resto de dirixentes independentistas condenados e procesados por malversación ao organizar o referendo de autodeterminación do 1 de outubro de 2017.
'Outros corpos' Ataque Escampe retorce a rabia dos "25" de Grande Amore
O que no debut de Grande Amore era un rock and roll berrado sobre a desorientación dos vinte e cinco anos é aquí un rap achegado ao post-punk que evoca outro momento vital.
Xunta, PP e PSdeG asumen que o novo plan de normalización "non cambia o modelo" lingüístico
"Non estamos ante un cambio de modelo, senón ante o impulso a unha nova medida de estímulo". Así definiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o que será o novo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) tras o pacto alcanzado entre PP e PSdeG, consumado este martes no Parlamento, ao tempo que os socialistas asumían tamén que o acordo non muda modelo ningún pero é "unha pequena axuda" para a lingua.
29 de novembro: moito máis que unhas eleccións xerais
De conformidade co artigo 115 da Constitución, o Presidente Sánchez vén de exercer a súa prerrogativa constitucional de anunciar a disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións xerais para o vindeiro 29 de novembro.
Os prazos do 29N: votar por correo e non inaugurar
O sufraxio postal pódese solicitar dende este 6 de outubro, coa convocatoria dos comicios, ata o 19 de novembro As eleccións xerais anticipadas por Pedro Sánchez para o 29 de novembro pasaron este martes, 6 de outubro, de anuncio político a procedemento formal e legal coa publicación da súa convocatoria do Boletín Oficial do Estado. Comezan así a correr, como corresponde, todos os prazos vinculados aos comicios.
Luz verde á reforma da atención primaria do Sergas un ano despois do último plan frustrado
Hai case un ano, a mediados de outubro de 2025, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaba na mesa sectorial un modelo para unha nova atención primaria que foi rexeitado por sindicatos e organizacións médicas, que responderon con protestas e varias xornadas de folga. Logo de urxentes e apuradas negociacións, a Xunta pactou con CCOO, CSIF, UGT ou Simega —e logo con O'Mega pero non coa CIG, central maioritaria— uns compromisos para outro intento de reforma da atención primaria.
Todos os corpos precisan un lugar
Durante un tempo predominou a idea de que o exercicio do poder xa non necesitaba tocar os corpos, que bastaba con controlar a nosa atención e o noso desexo Durante un tempo predominou a idea de que o exercicio do poder xa non necesitaba tocar os corpos, que bastaba con controlar a nosa atención e o noso desexo. Os desafiuzamentos, as ameazas de desaloxo de acampadas, a violencia exercida contra as manifestacións en defensa dos dereitos humanos e as fronteiras como a de Ceuta din outra cousa.
Así votamos nas Xerais en Galicia: máis votos para a esquerda, máis escanos para a dereita
As esquerdas veñen obtendo máis votos que as dereitas en case todas as convocatorias xerais. Iso si, esta vantaxe no número de votos recibidos non se traduciu moitas veces na obtención dun maior número de escanos, debido á dispersión do voto progresista e á dificultade para obter representación en Lugo e Ourense O vindeiro 29 de novembro a cidadanía está chamada de novo ás urnas para elixir os seus representantes nos Congreso dos Deputados e no Senado.
CCOO e UGT irán á folga xeral pola crise de vivenda
CCOO e UGT atenden o chamado das masivas manifestacións pola vivenda e acordan convocar folga xeral nas próximas semanas, coa data aínda por decidir Os sindicatos UGT e CCOO, maioritarios no Estado, irán a unha folga xeral pola crise de acceso á vivenda, atendendo así o reclamo de milleiros de manifestantes a pasada fin de semana e de numerosos sindicatos e organizacións de vivenda.