NUNCA SE sabe cando unha marea podo ser boa para un porto. Cando os barcos enchan con fortuna as súas redes con aquilo que suporá o sustento de familias e o latexo económico dun pobo. Desta vez, Bueu tivo unha boa marea co que supón a exhibición na sala Amalia Domínguez dun dos traballos artísticos máis sobranceiros de Galicia durante o século pasado.