O Celta foi historicamente un viveiro de grandes laterais dereitos. Míchel Salgado, Hugo Mallo e Sergio Carreira eran os últimos expoñentes dunha saga á que se engadiu un carrilero que non é canteirán, pero si moldeado no filial celeste. Javi Rueda confirmou na tempada da súa estrea na máxima categoría o potencial exhibido na Celta Fortuna e durante a pasada campaña na súa cesión ao Albacete en Segunda División.