Hai cincuenta anos, en 1976, foi aprobada a Constituição portuguesa, que estableceu -aparte dun sistema democrático- un modelo centralista, salvo nas Açores e en Madeira por motivos funcionais. Neste sentido, o Estado portugués divídese territorialmente en nove regiões, dezaoito distritos e trescentos oito concelhos. Despois do poder central o seguinte nivel que posúe poder institucional -no continente- é o municipal.