Do aviador e fillo ilustre de Lalín, Joaquín Loriga Taboada, do que neste ano e no vindeiro se celebran numerosos actos con motivo do seu centenario, é sabido que foi célebre piloto do voo Madrid-Manila; primeiro piloto de probas do autoxiro de Juan de la Cierva e heroe na Guerra de Marrocos, onde tamén participou decisivamente na creación da aviación sanitaria española, todo isto a principios do século XX.