En 1973, un grupo de estudantes de Bioloxía e de Maxisterio da USC adoitaba reunirse nos bares de xeito clandestino para debater sobre cuestións medioambientais e programar saídas ornitolóxicas. Constituían o celme do GOG (Grupo Ornitolóxico Galego), a primeira asociación centrada no estudo sistemático da avifauna galega.