Roi Gago é un bebé galego; vén de nacer. Entre o seu axuar de benvida, xorde un elemento que chama a atención. «Hai xente que tece patucos para os seus sobriños, eu prepareille un videoxogo», espeta nada máis comezar a conversa Manolo Gago, o seu tío escritor edirector de culturagalega.gal, a plataforma online de divulgación do Consello da Cultura Galega. A obra que lle dedicou a Roi leva o nome de «O corvo das Cíes». Aínda que ten un corte fantástico bebe moito da tradición galega.