Xiro de 180 graos no caso da denuncia por agresión sexual dunha moza en pleno centro de Ferrol. Dunha investigación por violación que co paso das horas descartouse que fose grupal, pasouse a centrar as pescudas na contorna da vítima e do ata o momento único detido por estes feitos e, finalmente, recoñecer a propia denunciante que todo fora froito dunha invención.